Aviso Legal

DENOMINACIÓN E DOMICILIO SOCIAL

A través do portal da Asociación de Empresas de Enerxía Eléctrica (no sucesivo, «aelēc»), accesible a través do enderezo URL www.creernoslo.es, facilita aos visitantes e usuarios deste o acceso ás actividades e membros de aelēc.

aelēc ten o seu domicilio social en Madrid, Paseo de la Castellana, 141, planta 12.

CÓDIGO DE IDENTIFICACIÓN FISCAL

G – 82.378.316

USUARIO

A utilización desta páxina web atribúelle a condición de Usuario desta, e expresa a súa aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das Condicións Xerais publicadas por aelēc desde o momento en que acceda á páxina web, sen prexuízo da aceptación das condicións particulares que, de ser o caso, resulten de aplicación.

CONDICIÓNS DE USO

aelēc ofrece o acceso á páxina web www.creernoslo.es nas seguintes condicións:

  • O acceso á páxina web de aelēc atribúe a quen o realizar a condición de Usuario, o que supón a aceptación plena e sen reservas por parte do Usuario de todas e cada unha das presentes condicións de uso.
  • A páxina web facilita diversa información con carácter gratuíto; non obstante, aelēc reserva a posibilidade de condicionar o acceso a determinados servizos aos seus membros asociados, previa solicitude e rexistro previo.
  • aelēc garante que todos os contidos e servizos que se ofrecen na súa páxina web respectan o principio da dignidade da persoa, o principio de non discriminación por motivos de raza, sexo, relixión, opinión, nacionalidade, discapacidade ou calquera outra circunstancia persoal e social, así como o principio de protección da xuventude e da infancia.
  • aelēc reserva o dereito a modificar, á súa discreción e de forma unilateral, en calquera momento e sen previo aviso, a configuración do Portal, así como o contido e a extensión dos servizos prestados a través do Portal e das condicións de acceso a estes.
  • Así mesmo, o Usuario comprométese a facer un bo uso dos contidos e servizos de www.creernoslo.es que nunca poderán ser utilizados para actividades ilícitas.
  • Ademais, informámolo de que está prohibida unha serie de actos con relación aos contidos da páxina web, tales como información, textos, gráficos, ficheiros de son ou imaxe, fotografías, deseños ou outro («Contido») que a seguir che indicamos:
    • A súa reprodución, copia, distribución, difusión, comunicación pública, transformación ou modificación, a menos que se conte coa autorización dos seus lexítimos titulares ou resulte legalmente permitido.
    • Calquera vulneración dos dereitos de aelēc ou dos seus lexítimos titulares sobre estes.
    • A súa utilización para todo tipo de fins comerciais ou publicitarios, distintos dos estritamente permitidos.
    • Calquera intento de obter os Contidos por calquera medio distinto dos que pomos á túa disposición ou dos usos habituais en Internet e, nese caso, sempre que isto non ocasione ningún prexuízo a aelēc.

PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

Os dereitos de propiedade intelectual sobre as páxinas web, o seu deseño gráfico e códigos son titularidade de aelēc, salvo que nestas se indique titularidade distinta.
Calquera reprodución, distribución, comercialización ou transformación de ditas obras non autorizadas por aelēc constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual de aelēc. Así mesmo, a información á cal se pode acceder desde a páxina web está igualmente protexida por dereitos de propiedade industrial, intelectual ou doutra índole. aelēc non será responsable, en ningún caso, e baixo ningún concepto, das infraccións de tales dereitos que poidan ser cometidas polo Usuario.

PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

aelēc garante a seguridade e confidencialidade dos datos facilitados por cada Usuario da páxina e establece os medios e as medidas técnicas e organizativas necesarias para evitar a alteración, perda, mal uso, tratamento e acceso non autorizado, e cumpre co disposto no REGULAMENTO (UE) 2016/679 DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO, do 27 de abril de 2016 relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e polo que se derroga a Directiva 95/46/CE («Regulamento xeral de protección de datos») e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
Pode obter máis información sobre o tratamento dos seus datos persoais na Política de Privacidade de aelēc.

EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADES

O acceso e a utilización da páxina web de aelēc realizarase baixo a única e exclusiva responsabilidade do Usuario. En ningún caso, aelēc será responsable de ningún dano concreto, indirecto ou consecuente, ou de calquera tipo de dano que resulte da falta de uso, da perda de datos ou de beneficios, quer nunha acción de contrato, neglixencia ou outra acción complexa que xurda a raíz de ou con relación ao uso ou á interpretación de documentos, servizos ou información dispoñible nesta páxina web.
aelēc non garante, nin se responsabiliza, dos danos e perdas de toda natureza que se deban ás seguintes circunstancias:
A falta de continuidade do funcionamento de www.creernoslo.es, así como ao funcionamento incorrecto desta.
A existencia de virus ou programas no ordenador do Usuario ou pola presenza de virus nos servizos prestados por terceiros a través de www.creernoslo.es

XURISDICIÓN E LEXISLACIÓN APLICABLE

As presentes condicións de uso rexeranse polo disposto na lexislación española.
No caso de se producir calquera discrepancia ou controversia con motivo da interpretación ou da aplicación das presentes condicións de uso, aelēc e o Usuario con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, someteranse á xurisdición dos xulgados e tribunais de Madrid (España).

SEGURIDADE

O sitio web utiliza técnicas de seguridade da información xeralmente aceptada no sector, tales como devesas, procedementos de control de acceso e mecanismos criptográficos, todo isto co obxecto de evitar o acceso non autorizado de datos. Para acadar estes fins, o usuario/cliente acepta que o prestador obteña datos para efectos da correspondente autenticación dos controis de acceso.


  • Política de privacidade
  • Aviso legal
  • Política de cookies
  • Política de privacidade
  • Aviso legal
  • Política de cookies